A Conradh na Gaeilge (en galego Liga Gaélica), abreviado como CnaG, historicamente coñecida pola súa denominación en inglés Gaelic League, é unha asociación non gobernamental que mira pola promoción da lingua irlandesa en Irlanda e no estranxeiro. O lema da Liga é Sinn Féin, Sinn Féin amháin (Nós, nós sos). [1] Historia A Conradh na Gaeilge fundouse en Dublín o 31 de xullo de 1893 por Douglas Hyde, un protestante de Frenchpark (condado de Roscommon), coa axuda de Eugene O'Growney, Eoin MacNeill, Luke K. Walsh entroutros. Foi unha evolución da anterior Unión Gaélica creada por Ulick Bourke, e se converteu na principal institución promotora do renacimiento gaélico. O primeiro diario da Liga foi o An Claidheamh Solus ("A espada de luz") da cal foi o principal editor Pádraig Pearse. Aínda que era unh asociación apolítica, a liga atraeu a moitos nacionalistas irlandeses de diversas orientacións, máis que a Asociación Atlética Gaélica (GAA). Foi a través da Liga que moitos dos futuros rebeldes e líderes políticos se encontraron por primeira vez e promoveron a fundación doutros grupos como os Voluntarios Irlandeses (1913). Sen embargo, a Liga non se comprometeu enteiramente co movemento nacional ata 1915, provocando a dimisión de Douglas Hyde, que sentiu que a cultura da lingua debía estar por riba da política. A meirande parte dos asinantes da Proclamación de Pascua eran membros da Liga. A liga continuou atraendo a numerosos [republicanismo irlandés|republicanos irlandeses]]. Seán Mac Stíofáin, o primeiro xefe do Provisional IRA foi un importante membro nos seus últimos anos de vida. Dende 1922 Trala fundación do Estado Libre Irlandés, a organización perdeu boa parte do seu rol na vida pública. Posteriormente dirixiu a campaña para a aprobación da Lei de Linguas Oficiais de 2003 que dá protección legal aos falantes de irlandés e creou o cargo de An Coimisinéir Teanga (Comisionado de Linguas). A Conradh na Gaeilge encóntrase entre as organizacións responsables de coordinar a campaña para que o irlandés sexa considerada lingua oficial da Unión Europea.[2] Máis recentemente, a organización viuse envolta nunha disputa co Fine Gael sobre a política deste partido destinada a acabar co estatuto da lingua irlandesa como materia obrigatoria para obter o Leaving Certificate. A Liga ten incitado aos votantes para que nas eleccións xerais só voten aos candidatos que se mostren a favor do mantemento do estatuto actual da lingua irlandesa.[3] A organización ten ramificación en varias partes de Irlanda e está íntimamente envolta no desenvolvemento do festival cultural con carácter anual An tOireachtas, e do Seachtain na Gaeilge. A Conradh na Gaeilge abriu recentemente centros de asesoramento xurídico gratuíto (Ionaid Saor Chomhairle Dlí) en Dublín e Galway, en relación co Free Legal Advice Centres (FLAC). Máis recentemente, o Ministro da Comunidade, Desenvolvemento Rural e Asuntos Gaeltacht, Éamon Ó Cuív, anunciou que está a cambiar á organización da súa sede no centro de Dublín, e a deslocalizala para o corazón do Gaeltacht Ráth Cairn, no condado de Meath. El citou como motivo deste traslado que non hai moita xente empregando ese edificio. A Conradh na Gaeilge publica unha revista chamada Feasta que foi fundada en 1948. Esta revista, que promove os obxectivos da Liga, ten tamén un rol importante na promoción de novos escritores en irlandés. |
About us|Jobs|Help|Disclaimer|Advertising services|Contact us|Sign in|Website map|Search|
GMT+8, 2015-9-11 20:13 , Processed in 0.248586 second(s), 16 queries .